Cargando Eventos

Luar na Lubre

Protagonista: Luar na Lubre

O Mosteiro de Montederramo acollerá un concerto de Luar na Lubre o martes trece de agosto. O conxunto coruñés levará os seus sons a este mosteiro con case un milenio de historia entre os seus muros. O concerto encádrase dentro da ‘Sacroxira nos mosteiros’.
Os músicos inertpretarán, entre outras, pezas do seu último disco ‘Ribeira Sacra’, que recolle sons das terras nas que se ergue o Mosteiro de Montederramo.
O concerto comezará ás nove da noite.

13 Agosto, 2019

9:00 p.m.

Montederramo

Montederramo, 32750
+ Google Map