Cargando Eventos

Magostos en Sober

Chegou o frío, chegou o outono e chegan, aos poucos os seus prezados froitos. A Ribeira Sacra é terra de magostos e hai veciñanzas que, lonxe de “contaminarse” polas novas modas de Halloween ou modernas xuntanzas, seguen a apostar polos magostos tradicionais. Son a mellor escusa para reunirse arredor do lume e facer comunidade dende tódolos tempos. En Sober, sábeno, e por isto comezan xa os magostos no rural e nas distintas asociacións ou grupos que teñen vida en común.

Os seguintes son os que están confirmados, polo momento, por parte do Concello de Sober:

-Sábado 27/ 23:00 h. magosto en Bulso, na ‘Cantina dos meus avós’.

– Venres 2 de novembro/ pola tarde no CEIP Virxe do Carme.

-Sábado 3 de novembro/14.00h na Praza de Santa Cruz de Brosmos.

-Sábado 3 de novembro a partir das seis da tarde en Gundivós.

-Domingo 4 de novembro/ 14.00h. Casa da Escola de Neiras.

-Domingo 4 de novembro/ 14.00h. en Anllo no Local Social.

– Magosto na residencia de maiores Virxe do Carme.

-Magosto no Punto de Atención á Infancia.

27 Outubro, 2018 - 4 Novembro, 2018

Sin localización