Cargando Eventos

Manifestación feminista galega en Lugo

Protagonista: Galegas 8M

A manifestación feminista unitaria galega será o domingo na cidade de Lugo. A concentración adiántase ao 3 de marzo para que na xornada do 8M se poidan celebrar as convocatorias locais. Con este motivo haberá autobuses dende Monforte e Chantada para aquelas persoas que desexen acudir neste medio á gran manifestación Galegas 8M. Dende Monforte partirá do Parque dos Condes ás 10.00h. e dende Chantada ás 10.30 h da Praza de Galicia.

O movemento feminista de Monforte e o colectivo Polamiúda de Chantada informaron destas facilidades xa que o transporte será de balde en colaboración cos concellos. O 8 de marzo, Día da Muller, está convocada unha folga laboral, estudiantil, de coidados  e de consumo.

 

3 Marzo, 2019

10:00 a.m. - 6:30 p.m.

Sin localización