Cargando Eventos

Moito que facer en Sober este Nadal

Protagonista: Concello de Sober

Todos os públicos serán os destinatarios das actividades culturais deseñadas polo Concello de Sober as datas do Nadal.

Así, estase a celebrar un obradoiro para adultos de deseño de postais, ao tempo que segue aberto o prazo para anotarse nos certames de poesía, postais e beléns. O prazo estenderase ata o 21 de decembro.

 

O 21 de decembro será, ás 12:00 h. o Festival Escolar de Nadal no que participa o alumnado do PAI de Sober e o do CEIP Virxe do Carme. Xa pola tarde, a partir das 18:00 h. terá lugar no Centro Sociocultural o Festival Solidario de Nadal a cargo da Escola Municipal de Música de Sober.

 

Música

O 22 de decembro as Xuventudes Musicais de Sober achegan á localidade un concerto de saxofón e piano. Ás 18:30 h. no Centro Sociocultural. O día 23 ás 19:00 h. concerto Lucus Ensemble cunha agrupación musical de vento e corda.

Dous días Festa Infantil

Os días 27 e 28 de decembro haberá festas infantís de Nadal con música, inchables e obradoiros. No Pavillón do CEIP Virxe do Carme a partir das 16:30 h.

Visita dos Reis

O sábado, 5 de xaneiro, os Reis Magos visitan Sober para agasallar aos nenos e nenas. No Centro Sociocultural a partir das 12:00 h.

Merendas con contos

As merendas con contos que se celebran ao longo de todo o ano na biblioteca terán un deseño espacial nestas datas. Así, o 14 de decembro abrirase a exposición de ‘El deseo del gato Klops’ e realizarase un obradoiro coa ilustradora Estefanía Padulles a partir das 18:00 h. Os días 21 e 26 de decembro a actividade será de cine a partir das 16:30 horas. O 2 de xaneiro entregaranse os premios dos certames de Nadal e o grupo ‘O Trícole’  será quen entoe as panxoliñas a partir das 17:30 h.

22 Decembro, 2018 - 15 Xaneiro, 2019

Sober

Praza do Concello s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map