Cargando Eventos

Mostra de fotos sobre o dano cerebral adquirido

Protagonista: Concello de Sober

A colección de fotografías ‘Punto e seguido’ retoma a súa andaina en Sober. A mostra amosa como é un día na vida dunha persoa con dano cerebral adquirido.

A colección de fotografías ‘Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido’ retoma a súa andaina despois do parón causado polas medidas sanitarias de control da pandemia da COVID-19. A súa vindeira parada vai ser Sober; poderá verse na Casa da Cultura do Concello desde o 16 de marzo ata o 29 do mesmo mes.

O Concello de Sober colabora coa Federación Galega de Dano Cerebral na organización da mostra e da charla, que terá un aforo limitado a 30 persoas. Quen queira asistir pode anotarse chamando ao 982 46 05 13. A mostra acompañará a charla que a traballadora social de FEGADACE vai impartir, na mesma Casa da Cultura, o día 23 de marzo.

Salón de Actos da Casa da Cultura/ De luns a Venres de 9:00-14:00h. | 16:00-20:00h./16 a 29 de marzo de 2021

 

16 Marzo, 2021 - 29 Marzo, 2021

Sober

Praza do Concello s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map