Cargando Eventos

Mostra do aceite de Quiroga

Protagonista: Concello de Quiroga

A 19ª Mostra do Aceite de Quiroga celébrase este domingo, 12 de maio no sigular muíño de Bendilló. Trátase dunha festa declarada de Interese Turístico Galego que ten como eixo central o tradicional aceite que se elabora nesta zona da Ribeira Sacra. As actividades están centradas precisamente neste produto único con catas e demostracións no muíño que se conserva neste lugar de Bendilló coa moa que move o burro ao xeito ancestral. Na zona hai centenarias oliveiras que se relacionan coa época na que o imperio romano tamén extraía ouro deste val de Quiroga. O aceite de Quiroga é aprezado en cociña delicatessen e tamén se lle asocian propiedades saudables e curativas. Todo comezará ás 11:30 h. coa posta en funcionamento do Muíño de Bendilló rodeado de música tradicional, catas e exposición e venda de produtos da zona.

12 Maio, 2019

11:30 a.m. - 7:00 p.m.

Quiroga

Lugar de As Farrapas na parroquia de Bendilló
Quiroga,
+ Google Map