Cargando Eventos

Mostra do Outono Fotográfico no Espazo Xove

Protagonista: Espazo Xove de Chantada

O Espazo Xove de Chantada continua coa programación do Otono Fotográfico 2018. Unha mostra dos traballos presentados ao concurso fotográfico nesta última edición ocupa xa o lugar da sala expositiva da Casa da Xuventude.

Se queren empaparse de Outono a través das distintas olladas de 15 fotógrafos de toda a Ribeira Sacra e tamén doutras localidades de Ourense e Pontevedra acudan a ver esta mostra. As fotografías, fundamentalmente en color, pero tamén hai algunhas en branco e negro, abarcan diferentes temáticas relacionadas coa estación máis fotografado ano. Animais e arquitectura rural tamén están presentes no percorrido.

A exposición poderá desfrutarse ata o 21 de decembro.

28 Novembro, 2018 - 21 Decembro, 2018

5:00 p.m. a 8:30 p.m.

Chantada

Rosalía de Castro, 66
Chantada, Lugo 27518 Spain
+ Google Map