Cargando Eventos

Mostra fotográfica ‘Equus’

Protagonista: Espazo Xove de Chantada

O Espazo Xove de Chantada organiza unha tarde Zoofotográfica con Tamara Lebón Sánchez (fotoveterinaria). Esta xornada servirá para facer a presentación da exposición “EQUUS”, de temática ecuestre, e asinada por esta fotógrafa, que
poderá visitarse ata o 15 de novembro nesta casa da mocidade de Chantada. Insírese dentro da ampla programación do Outono Fotográfico. Neste día a conversa xirará arredor da paixón que ten a autora pola fotografía de animais, coidado e respecto cara eles, experiencias de recollida de animais abandonados, felicidade asociada ao contacto cos animais e anécdotas sobre mascotas e coidado animal. A apertura será este mércores ás 19.00 h. e vai dirixida a todos os públicos.

23 Outubro, 2019 - 15 Novembro, 2019

7:00 p.m. a 7:00 p.m.

Chantada

Rosalía de Castro, 66
Chantada, Lugo 27518 Spain
+ Google Map