Cargando Eventos

Percorrido fotográfico polo Folión de Carros

Protagonista: Asociación de Amigos do Folión

A directiva da Asociación Cultural Amigos do Folión abriu a Exposición exterior “Folión de Carros. Patrimonio Cultural de Chantada” que estará sitauda na Praza de Galicia ata o venres 28 de agosto. A exposición “Folión de Carros. Patrimonio Cultural de Chantada” foi deseñada pola Asociación Cultural Amigos do Folión e financiada pola Concellería de Cultura do Concello de Chantada.
ë unha mostra itinerante composta por 32 paneis agrupados en Cubos con imaxes representativas desta festa de interese turístico e unha descrición breve de cada imaxe. As instantáneas escollidas pretenden poñer o foco na diversidade desta celebración e a importancia que ten cada persoa na súa contuniación, sobre todo despois do parón da pandemia. Amosan aspectos como a preparación, a cooperación ou a desmontaxe dos carros. Pero tamén as características principais que definen o ser do Folión de Carros: oficios e labores antigas, xugadas de bois e vacas, ambiente festivo, emocións intensas durante o Folión e moita colaboración entre os carroceiros e as carroceiras. As imaxes utilizadas na exposición foron tomadas polos fotógrafos chantadeses Segundo Navaza, Lucía Cereijo e Martín Varela entre os anos 2016 e 2019, a
excepción da imaxe do carro “O lugar da Hermida”, que foi tomada no ano 2000 e que forma parte do arquivo gráfico da Asociación Cultural Amigos do Folión.
O venres 14 de agosto integrantes da Asociación Amigos do Folión levaron a cabo visitas guiadas á exposición para as entidades que o tiñan solicitado. Ás 11:00h. tivo lugar a visita da Asociación Albores e ás 12:00h. foi o turno de AFA Chantada.

14 Agosto, 2021 - 26 Agosto, 2021

Chantada

Praza de Galicia
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map