Cargando Eventos

Mostra sobre os esgrafiados na Ribeira Sacra

Protagonista: Mar López Sotelo

A adega Vía Romana, emprazada no lugar da Ermida, en Belesar alberga deica o 15 de novembro unha mostra fotográfica sobre os esgrafiados na Ribeira Sacra. Trátase dunha pequena parte do traballo de Mar López Sotelo arredor desta técnica tradicional de decoración e solución para os muros de pedra nas casas tradicionais galegas. Unha práctica arquitectónica común a outros lugares da xeografía española que, sen embargo, en cada área ten as súas particularidades. As decoracións amosan motivos ben curiosos que din moito das familias ou dos autores destas obras que foron desaparecendo das nosas fachadas rurais, pero que se conservan en gran medida en inmobles abandonados ou coidadosamente restaurados.

Tamén o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e algúns outros estudosos teñen posto en valor os esgrafiados con diversas iniciativas que suman a esta. Nesta caso nace da curiosidade dunha veciña, Mar López Sotelo, traballadora incansable nas redes, a xeito particular, en prol da candidatura da Ribeira Sacra para ser declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

15 Outubro, 2018 - 15 Novembro, 2018

Chantada

A Ermida, Belesar
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map