Música de banda para a tarde soberina
O sábado, 21 de agosto, ás 19,30 horas, Sober acollerá na Praza do Toural a actuación da Banda de Música Popular de Muimenta, fundada por José Vilariño García sobre o ano 1875 e decana do concello pontevedrés de Lalín. Con Víctor García Rodríguez como director, o programa do concerto inclúe os temas Andrés Contrabandista, Cantigas de Ourense,
Portraits of Spain e Fantasía sobre tres temas galegos. Soarán tamén Mar i Bel, Autum leaves, Saludo a Lugo, Santa Comba e Muiñeira da Forxa.
Esta actuación enmárcase dentro do ciclo da Xunta ‘O País das Bandas’ que leva a música destas formacións galegas ao longo de toda a comunidade.