Música na rúa
Protagonista:
Sala Avenida
Case trinta actuacións repartidas en cinco días durante as festas de Escairón enchen o completo e variado cartel do Música na Rúa organizado pola Sala Avenida. Entre o 2 e o 6 de agosto pasarán por esta sala e pola avenida Buenos Aires propostas para case todos os gustos. Bandas e djs que traen música fóra do circuíto comercial e ofrecen unha alternativa á oferta tradicional das verbenas.