Cargando Eventos

Música, poemas e historia para presentar ‘A auga do mollón’

Poesía, cultura e música xúntanse na presentación da revista ‘A auga do mollón’ este mércores, 16 de xaneiro, na Pobra do Brollón. Trátase dunha nova publicación de caracter municipal que na súa saída á luz quere festexar coa presenza do arqueólogo Xurxo Vila Ayán, as escritoras Olga Novo e Noa Moreira e o músico Alexandre González este feito cultural. Os artistas convidados presentarán creacións e obras inéditas nesta cita que enche de contido o medio da semana na comarca. Ao remate haberá ‘pinchos’ e foliada no local Avenida.

O acto público terá lugar ás 20.15 h. na Casa da Cultura Olga Novo da Pobra do Brollón.

16 Xaneiro, 2019

8:15 p.m. - 9:30 p.m.

Pobra do Brollón

Rúa Samoeiro
Pobra do Brollón, Lugo 27330 Spain
+ Google Map