Cargando Eventos

Música, viño e actividade infantil no verán cultural

Protagonista: Concello de Sober

Adaptándose á realidade da pandemia, o Concello de Sober lanzou a súa programación cultural para este verán, un amplo programa de actividades para todos os públicos. Concertos, actuacións, a Feira Mostra do Viño de Amandi ou as Festas
do Carme forman parte daprogramación que se estende entre o 30 de xullo e o 19 de setembro.

O calendario comeza o 30 de xullo na Praza do Toural co concerto de Galifunk (22:00 horas).

O 6 de agosto concerto de Xoán Curiel na Praza do Pulpo (22:00 horas).

O día 7 de agosto a Oficina de Turismo acollerá o acto de presentación do material arqueolóxico da escavación de Proendos (12:00 horas).

O 7 de agosto haberá espectáculo de monicreques nas piscinas municipais, no marco do programa Falaredes, da Secretaría Xeral de Política Lingüística (19:00 horas).

Os días 11 e 12 de agosto celebrarase a Feira Mostra do Viño de Amandi, cuxo programa completo se dará a coñecer nos vindeiros días. Entre as actuacións confirmadas, a da Banda de Música de Sober e a de Xograres de Lemos.

O 18 de agosto concerto dos Gin Toni’s na Praza do Toural (22:00 horas)

O día 29 de agosto celebrarase a Noite á Luz da Lúa na Parroquia de Proendos, organizada polo Colado do Vento, que este ano contará coa actuación de Xabier Vizcaíno e Hérbedo.

O 21 de agosto actuará a Banda de Música de Muimenta na Praza do Toural (20:00 horas).

A mesma praza acollerá o 28 de agosto o Baile á Luz da Lúa coa Banda de Música de Sober (22:00 horas).

O 17 de setembro, o grupo Luar na Lubre ofrecerá un concerto na Praza do Concello (22:30 horas).

O 18 e 19 de setembro celebraranse as Festas do Carme nas que haberá actividades principalmente para o público familiar e unha actuación da orquestra Los Satélites.

O Concello de Sober habilitará cadeiras para poder seguir as actuacións sentados e as zonas estarán delimitadas e haberá control de aforo garantindo que se cumpran as distancias de seguridade.

 

 

 

26 Xullo, 2021 - 19 Setembro, 2021

Sober

Praza do Concello s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map