Cargando Eventos

‘Nación’: Cinema Documental en Chantada

Protagonista: Vicepresidencia Deputación de Lugo
Este xoves chega a Chantada o filme “Nación”. O documental de Margarita Ledo vai ser proxectado no Auditorio da vila ás 19.45h. Cinema galego e feminista, sobre a incorporación das mulleres ao traballo asalariado a partir da memoria das obreiras da fábrica de louza A Pontesa.
En palabras da autora é un filme que trata do moito que tardamos as mulleres en sermos cidadás, non soamente en ter dereito a votar senón en acceder ao traballo asalariado e sermos independentes”.
Despois do filme terá lugar un coloquio coa directora. Presentación proxeccion e coloquio a partir das 19.45h.
Inscricións no correo cultura@deputacionlugo.gal, indicando nome e contacto dos asistentes. É un acto da vicepresidencia, área de Cultura da Deputación de Lugo no que colabora o Concello de Chantada.

10 Decembro, 2020

8:45 p.m. - 9:00 p.m.

Chantada

Praza de Galicia
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map