Cargando Eventos

Nadal de Cultura na Pobra do Brollón

Protagonista: Concello A Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón presentou unha programación de Nadal repleta de espectáculos para todos os públicos. 

O programa arranca coa anunciada proxección de Ons, poucos días despois da súa estrea en cines. Contarase coa presenza do seu director Alfonso Zarauza. Para que a experiencia sexa óptima para o espectador, instalarase unha pantalla grande e son de alta calidade. Este primeiro evento será o domingo 27 ás 19:00 no Local Multiusos de Salcedo. 

Continúa o programa de Nadal o martes 29 de decembro cun espectáculo infantil e familiar cheo de fantasía: O vixilante de soños de Ubú Teatro. Será ás 17:30 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’.

O día 30, chega o espectáculo Forzu2 de Circo Chosco. Un show cun dúo de atletas que realizan trucos imposibles en forma de portés, acrobacias aéreas, malabares e lume. Será ás 17:30 no Pavillón Municipal. 

3 de xaneiro estará Xurxo Souto presentando o seu novo libro Pangalaica. Recortes poderosos: unha compilación de pequenos relatos ilustrados sobre as historias e as persoas que Xurxo Souto foi atopando nas súas viaxes por Galicia. O evento será ás 19:00 h. da Casa da Cultura.

O día 5 de xaneiro, haberá un novo espectáculo infantil de Paco Nogueiras baseado no libro-cd-dvd Brinca Vai!, editado por Kalandraka Editora. A partir das 17:30 h. o Pavillón Municipal encherase de cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.

A programación acaba o 9 de xaneiro, na Casa da Cultura ,cun espectáculo pensado para público xuvenil e adulto: Divas de diván a cargo de Tarabela Creativa. Unha obra sobre a sexualidade e os desexos a través de contos interpretados por Vero Rilo, Carmen Conde e Ángeles Goás.

Todas as actividades requiren reserva previa, preferiblemente por WhatsApp no teléfono 650 624 828. 

23 Decembro, 2020

Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón, Lugo 27330 Spain
+ Google Map