Cargando Eventos

O Apalpador, do Courel a Monforte

O Apalpador baixará dereitiño do Courel á Ribeira Sacra o día 24. Será o aperitivo de Noiteboa que haberá en Monforte de boa mañá. O pasacalle do señor que por estas datas descende das montañas para apalpar as tripiñas das nenas e dos nenos traendo fartura e bos desexos será unha das actividades do Concello de Monforte para amenizar estes festexos. Percorrerá as rúas do centro da localidade do Cabe de 11.00h. a 13.00h.

O mercado da Praza de Abastos será outra das visitas desta fascinante figura da tradición rural galega que fabrica carbón, disque vive dos froitos silvestres, recolle mel e fai xoguetes de madeira.

 

24 Decembro, 2020

11:00 a.m. - 1:00 p.m.

Monforte de Lemos

Monforte, Lugo 27400 Spain
+ Google Map