Cargando Eventos

O ‘bonitismo’ reactívase con andainas e novos proxectos

Protagonista: Bonistimo

O movemento do ‘Bonitismo’ volve á carga na #RibeiraSacra. Trátase dun colectivo de persoas aberto que se define por compartir ” un sentimento de dor polo xeito no que se está a tratar a Terra. A unión local co ánimo de coidala a través da acción é o que quere facer reactivar este grupo que xa levara a cabo unha importante iniciativa veciñal que contara coa colaboración do Concello hai xa un par de anos. Por outro lado fan fincapé na acción individual e impulsando unha rede de persoas amigas do coidado do medio conectada con outros grupos similares de localidades veciñas. Polo de pronto teñen previstas unha serie de actividades que comezarán por reanudar as andainas, que serán o último domingo de cada mes ás dez da mañá dende a Praza de Santa Ana, na vila de Chantada. A primeira delas terá lugar este domingo, 27 de outubro, e a finalidade é ademais de andar, recoller o lixo que se atope no percorrido, limpar camiños e recuperar os camiños tradicionais que unían parroquias e lugares do municipio. Ese mesmo día aproveitarán para presentar a páxina web na que se recollen actividades como colaboracións nos centros educativos. Calculan realizar un encontro ao mes co alumnado nos centros. A medio prazo traballan noutras ideas como a plantación de árbores, a reducción do consumismo a través do uso compartido dalgúns bens e servizos, o consumo consciente etc.  Os teléfonos de contacto son o de Alelí:  679 62 45 38 e o de Marcos: 699 49 27 12

27 Outubro, 2019

10:00 a.m. - 1:00 p.m.

Chantada

Chantada, Lugo 27550 Spain
+ Google Map