Cargando Eventos

As novas restricións mudan as nosas axendas

As novas restricións volven alterar as nosas vidas e as axendas públicas e privadas. A meirande parte dos eventos anunciados neste medio para os vindeiros días foron cancelados ou pospostos, polo que a información contida no apardado de #Axenda, tanto nas redes como na web www.canleribeirasacra.gal, pode non axustarse á programación actualizada.

Aproveitamos para lembrarlles as recomendacións oficiais da Xunta en materia sanitaria nesta singular situación: Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para Dúbidas. A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. O Sergas pon a disposición da cidadanía unha páxina web (https://coronavirus.sergas.es), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e para outros colectivos.

Sin localización