Cargando Eventos

O Folión a través de carteis e maquetas

Protagonista: Asociación de Amigos do Folión

A directiva da Asociación Cultural Amigos do Folión quere presentar nunha soa mostra todos os carteis anunciadores do Folión de Carros feitos no século XXI. Algúns deles son os gañadores de concursos de carteis convocados algún ano (2009, 2019 ou 2020), outros son feitos por artistas particulares (2010, 2014 ou 2015) a quen lle foi solicitado o deseño, e outros foron feitos colectivamente (2017 ou 2018). 

A mostra “Carteis para un histórico Folión de Carros” estará aberta na Casa da Cultura de Chantada entre o martes 4 de agosto e o domingo 23 de agosto, no horario da Casa da Cultura. 

A exposición está composta por un total de 21 carteis históricos (2002-2019 e 1995, 1998 e 1999), o cartel deste ano (2020) e todos os carteis presentados ao concurso neste 2020. Ademais, poderanse ver as maquetas dos carros gañadores do Folión de Carros nas edicións 2017: “Un dia de laboura na Casa do Cura”; 2018: “Os ferradores”; e 2019: “A chocolatería da Señora Sabina”; ademais da maqueta do carro clasificado en segundo lugar no Folión de Carros de 2019: “As lembranzas do meu avó Basilio como alambiqueiro”. 

11 Agosto, 2020 - 22 Agosto, 2020

Chantada

Praza de España, 6
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map