Cargando Eventos

Obradoiro danza contemporánea para profesionais

Protagonista: Sacra Experience

O Sacra Experiencie ten aberto un intenso programa formativo en distintas disciplinas creativas na Ribeira Sacra. Este final de abril, os profesionais da danza contemporánea teñen a oportunidade de convivir e aprender na Ribeira Sacra co coreógrafo Guillermo Weickert.

Será un obradoiro e residencia artística á beira do Miño, en Pincelo, no municipio de Chantada, cun bailarín que se formou en danza clásica e contemporánea, é membro dos Talleres de Creación Coreográfica da Junta de Andalucía e desde 1995 traballa con compañías de danza contemporánea e de teatro físico. En 2001 comeza a súa traxectoria como coreógrafo e director de escena na súa propia  compañía de danza. Como intérprete colabora coa compañía Dáme de Pic (Bélxica) e é pedagogo en diferentes centros públicos, privados e compañías de danza e teatro en distintos países de Europa.

Neste obradoiro intensivo e residencia artística pensada para profesionais da danza, as persoas participantes achegaranse á linguaxe artística de Weickert, profundando na súa eclecticismo e a curiosidade pola fusión de linguaxes, a investigación artística e a multidisciplinariedad.

Máis información sobre prezos e inscricións neste e noutros programas formativos en : sacraexperience.com/gl/sacraforma

23 Abril, 2021 - 25 Abril, 2021

Chantada

Pincelo
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map