Cargando Eventos

Obradoiro instrumentos de castiñeiro con Pablo Carpintero

Protagonista: Pablo Carpintero

A algunhas árbores soltan a codia ao principio do verán. O músico e artesán luthier Pablo Carpintero, natural do municipio de Carballedo, organiza un taller para aprender a facer instrumentos musicais de codia de castiñeiro. O músico describe esta actividade como técnicas de fabricación sinxelas para instrumentos milenarios que os/as maiores facían na súa nenez.

Os instrumentos que se farán serán pipas, xipros, frautas de tres furados, violíns de castiñeiro, a gaita dobre de Vilariño de Conso, algúns asubíos e tamén tobas. Esta actividade está pensada para participantes de calquera idade a partir dos 7 anos e simplemente hai que levar unha navalla.

Desenvolverase o 5 de xullo no souto de Lobios, en Sober. Trátase dun lugar único e de gran dimensión ateigado de antigos castiñeiros que merece a pena coñecer. Está emprazado precisamente diante da igrexa románica de san Xillao de Lobios. A hora de inicio será ás 10.30 h. e terá unha duración estimada de tres horas, pero as persoas que o desexen poden levar o xantar ou a merenda para degustala neste contorno, no que pola tarde pode haber algunha sorpresa.…

O prezo son 15 euros por persoa, 10 euros para os nenos ata 12 anos e metade do prezo total para familias numerosas.

Para inscribirse é preciso mandar un correo electrónico a: pablo.carpin@gmail.com ou chamar ao 626 588 381.