Cargando Eventos

Os Parentes e a Banda de Sober xuntos no 150 aniversario

Protagonista: Banda de Música de Sober

A Banda de Música de Sober conmemora este 2019 o seu 150 aniversario. Un dos primeiros actos para festexalo será o vindeiro sábado día 13 de xullo e trátase dun concerto no que esta emblemática formación no que van estar acompañados/as polo grupo local ‘Os Parentes’. Será ás 22:00 h. na Praza do Concello. No mes de agosto a Banda de Música de Sober programa para o día 3, sábado, un gran concerto no que van participar todos os músicos e músicas vivos e os directores que teñen formado parte desta insticución. Ademais do concerto tamén se vai facer un xantar de confraternización para conmemorar esta importante data. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, convida a todos os veciños e veciñas a participar destes actos arredor dun colectivo e dunha afección tan importante como é a música historicamente neste municipio.

 

13 Xullo

10:00 p.m. - 11:30 p.m.

Sober

Praza do Concello, s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map