Cargando Eventos

Os Reis visitan Pantón

Protagonista: Concello de Pantón

As nenas e os nenos que queiran ver aos Reis Magos no Castro de Ferreira deberán estar moi atentas/os ás normas de seguridade sanitaria para a prevención da Covid-19.

As SSMM estarán na capital do municipio o día 5 de xaneiro entre as 17.00h. e as 19.00h no baixo da Casa da Cultura. Atenderán ás raparigas e raparigos residentes en Pantón, a quen irán recibindo de forma ordenada e estrita distancia social para que poidan expresarlles os seus desexos. Haberá agasallos para todas e todos as nenas/os que os visiten e é preciso que as persoas que as/os que os acompañen estean velando e tamén cumpran as normas de distanciamento e hixiene.

Todas aquelas persoas que queiran inscribir aos/ás pequenos/as da casa teñen que reservar visita a través do número de teléfono 982 456 377 ou acudindo á Casa da Cultura.

4 Xaneiro

4:00 p.m. - 7:00 p.m.

Pantón

Praza do Concello
Ferreira de Pantón, Lugo 27430
+ Google Map