Cargando Eventos

Paella e Concerto Solidarios

Unha paella solidaria e o III Concerto Solidario organizados pola Parroquia da Santa Mariña de Chantada servirán para recaudar fondos para AXUNICA, unha asociación con sede en Lugo adicada a impulsar e financiar proxectos que se desenvolven en Nicaragua.
O evento contará cun xantar da man do restaurante Os Pendellos e coas actuacións de Celso F. Sanmartín, Rondalla O Carballo Vello, Suasairas e Bico da Balouta Gaiteiros. As entradas custan 20 euros para adultos e 15 para rapaces, e pódense recoller na Parroquia de Santa Mariña de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 de martes a venres.

22 Decembro, 2019

12:00 a.m.

Chantada

Rúa Luis Soto Lemos
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map