Cargando Eventos

Paseando o outono á beira do Miño

Protagonista: AAVV O Saviñao

Esta fin de semana continúan as andainas de outono pola ribeira impuladas por veciñas e veciños do Saviñao. O próximo sábado 26 de outubro terá lugar a segunda saída polos coloridos camiños da ribeira do Saviñao. Nesta ocasión  percorrerase o tramo entre Bexán e o Priorato da Cova, uns 11 km., coa posibilidade de prolongala ata Ribeiras de Miño, segundo o tempo e as forzas. A saída será ás 9:30 dende a Praza Maior de Escairón , a volta ás 14 h. É necesario apuntarse para organizar o transporte, chamando ó 982 452013 ou o 677 726325, tamén no Facebook ou no correo da Asociación Veciñal do Saviñao.

26 Outubro, 2019

9:30 a.m. - 2:30 p.m.

O Saviñao

O Saviñao Lugo Spain
+ Google Map