Cargando Eventos

Pestiscos de Nadal. Mercado da Ribeira Sacra

Protagonista: ACIMTA

A vila de Taboada vivirá este sábado, 18 de decembro, o seu primeiro mercado de Nadal. O colectivo de empresarios e comerciantes organiza o encontro Petiscos de Nadal cun enfoque aberto a produtores e artesáns de toda a Ribeira Sacra. Haberá representación gastronómica e artesá ao máis puro estilo dos mercados de Nadal, europeos con postos de venda e degustación, pero coa base de ter todos eles unha orixe local. Ao mesmo tempo, a programación complétase con actividades de lecer e cultura para todos os públicos.

Ás 12.00h terá lugar a inauguración.

12.30h. Monocata con Atrantxa Treus e Isabel Lozano.

15.30h. Demostración da olería tradicional de Gundivós co artesán Elías González.

16.30h Obradoiro de repostería infantil

17.30 Contacontos

18.30h. Concerto de Airiños da Freba