Cargando Eventos

Poesía, pintura e música

Protagonista: Círculo do Saviñao
Na tarde do sábado 4 de setembro, na terraza do Círculo Saviñao, preséntase o libro ‘Lembranzas e sentimentos’ de Antonio Lois. O escritor e poeta afincado en Barcelona ten a súa orixe en Castro de Mourelos. Na presentación recitará algún dos seus poemas e amosará a súa faceta de creador audiovisual.
Ao día seguinte, o domingo día 5 ás sete da tarde, inaugurarase unha exposición de ‘Suso Talento’ que leva por título ‘Ribeira Sacra-Costa da Morte’.
Para pechar os concertos na terraza do Círculo chegan de Vigo Broke Acoustic Covers. Os vigueses actuarán o sábado 11 de setembro ás sete da tarde.

3 Setembro, 2021

8:00 a.m. - 5:00 p.m.

O Saviñao

Rúa Emilia Pardo Bazán
Escairón, Lugo 27540 Spain
+ Google Map