Cargando Eventos

Portas Abertas para descubrir as pinturas da igrexa de Pinol

Protagonistas: Concello de Sober ; Concello de Sober

O Concello de Sober e a Xunta de Galicia organizan unha xornada técnica de portas abertas na igrexa de San Vicente de Pinol o vindeiro martes 18 de agosto. Ten confirmada a súa asistencia a directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez Insua, quen estará acompañada polo alcalde, Luis Fernández Guitián.
A visita, que terá dúas partes, será ás 11:00 horas. Primeira parte: Lectura Histórico-Iconográfica. Segunda parte: Intervención realizada.
Aforo limitado: 25-30 persoas como consecuencia da covid-19. É preciso reservar a través da Oficina de Turismo de Sober.

O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer a veciños e veciñas e visitantes as obras de restauración das pinturas murais do templo. Ao longo da xornada a técnica encargada do proxecto, Montse Jiménez, recibirá a aquelas persoas que amosen o seu interese, explicando os obxectivos do traballo de restauración sobre este conxunto e o seu avance mediante unha visita ao inmoble. O proxecto, financiado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura e Turismo conta cun investimento de 109.021 euros. As obras están cofinanciadas pola Unión Europea a través de fondos FEDER. A
empresa encargada de levalos a cabo é BABELIA CRBC S.L.

Teléfono reservas
982 46 01 61 (en horario de oficina) ou 638 04 44 43.
No caso de cubrir o aforo farase un segundo pase ás 17:00 horas.

 

18 Agosto, 2020

8:00 a.m. - 5:00 p.m.

Chantada

Pinol
Sober, Lugo Spain
+ Google Map