Cargando Eventos

Poxa de viños en prol da investigación contra o Covid-19

Artisan Wine Attraction celebra estes días unha poxa solidaria de viños, entre os que están algúns da Ribeira Sacra, da colección Neno da Ponte de Enonatur, cuxo autor é o chantadino Roberto Regal. O recadado a través desta subasta que se celebra a través de Facebook irá integramente destinado ao Centro Nacional de Biotecnología do CSIC,  e en concreto a un proxecto liderado polo doutor Mariano Esteban  na procura da vacina contra o COVID-19.

Este colectivo de artesáns do viño está integrado por medio centenar de adegas do territorio español e este 15 de abril abriuse a poxa de Artisan Wine Attraction. Todas as firmas que compoñen este colectivo teñen a filosofía de elaborar ” viños honestos dos múltiples territorios dos que proceden”. Defínense como un grupo no que se traballan distintas maneiras de vinificar e cunha aposta polos viños biodinámicos, ecolóxicos ou naturais baixo a base da responsabilidade social.

Na poxa están case un cento de viños e un AOVE divididos en tres lotes, permanecerá aberta durante unha semana.

Máis información e acceso á poxa na páxina de facebook https://www.facebook.com/artisanwineattraction/

Listado  de Adegas que donaron os seus Viños:
Andalucía
Bodegas Forlong. Cádiz
Bodegas Vinifícate. Cádiz
Primitivo Collantes. Chiclana da la Frontera
Bodegas Yuste. Sanlúcar de Barrameda
Herederos de Argüeso. Sanlúcar de Barrameda
Andorra
Casa Auvinyà
Islas Baleares
Bodegas Ibizkus. Ibiza
Mesquida Mora. Mallorca
Can Majoral. Mallorca
Ca´n Xanet. Mallorca
Comunidad Valenciana
Bodega Flors. Castellón
FiloxerayCia. Valencia
Terra D’Art. Valencia
Casa Agrícola. Alicante
Casa Los Frailes. Alicante
Sexto Elemento. Valencia
Castilla y León
Cantariña. Bierzo
Casa Aurora. Bierzo
Almaroja. Arribes del Duero
Quinta Milú. Ribera del Duero
La Loba – Ana Carazo. Ribera del Duero.
Bodega Finca Fuentegalana. Gredos
Rubén Díaz. Viñadores de Gredos. Cebreros
Sotomanrique. Cebreros
Cantalapiedra Viticultores. La Seca
Finca Caraballas. Rueda.
Barco del Corneta. La Seca
Castilla la Mancha
Arrayán. Méntrida.
Cataluña
Ficaria Vins. La Figuera
Simbionatur- Peccatum7. Lleida
Batlliu de Sort. Lleida
AB Wines. Penedés
Llivins. Girona
Bodega Vins So de Tardor. Penedés
Mas d’En Perí. Priorato.
Galicia
Adega Entreosrios. Barbanza e Iria.
Adega do Vimbio. Pontevedra
Anónimas Viticultoras. Pontevedra
Adega Pombal. Rias Baixas
Bodega Don Olegario. Rias Baixas
Iría Otero. Ribeiro
Bodega Neno de Ponte. Ribera Sacra
Lagar de Sabariz. Sabariz
Murcia
Pura viña. Bullas
Navarra
Viña Zorzal. Navarra
País Vasco
Bodega Bat Gara. ArabakoTxacolina
Portugal
Edmun do Val

15 Abril, 2020 - 22 Abril, 2020

Sin localización