Cargando Eventos

Premios para os brindes con viño da Ribeira Sacra

Protagonista: D.O. Ribeira Sacra

O calendario do sector do viño con D.O. en España ten unha cita on line este sábado, 9 de maio, co brinde do #DíaMovementoViñoDO. Sería o cuarto ano que se celebra este brinde colectivo pero a crise sanitaria impide a súa celebración presencial, pero non a distancia.

Desde o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra propón unha semana dedicada ao brinde Día movemento viño D.O. Do 6 ao 13 de maio queren compartir este brinde colectivo e animan a que enviemos as nosas fotos brindando con viño da D.O. Ribeira Sacra para difundilas nas redes e poñer en valor o traballo de viticultores e adegueiros. As fotos máis votadas recibirán premios que farán gozar aos seus autores/as das riquezas da Ruta do Viño de Ribeira Sacra, cando sexa posible.

Para participar só hai que enviar unha foto por Whatsapp ao teléfono 647 59 57 47 entre o día 6 e as 00.00 do día 13 de maio. As fotos que deben de incluír brinde e botella de viño dunha marca da D.O. Ribeira Sacra publicaranse no facebook da D.O. Ribeira Sacra cos hastags #BrindisMovimientoVinoDO #BrindisDORS. As 3 fotos que máis “Me gusta” reciban antes das 00.00 do día 13 de maio obterán premio. O sábado, 16 de maio, publicaranse os gañadores, que recibirán os seus premios en canto as circunstancias permitan gozar do enoturismo na Ruta do Viño de Ribeira Sacra.  Os premios serán para dúas persoas: Comida ou cea nun restaurante da Ruta do Viño de Ribeira Sacra / Aloxamento dunha noite e almorzo nun establecemento da Ruta do Viño de Ribeira Sacra/ Visita guiada a adega da Ruta do Viño de Ribeira Sacra con cata completa dos seus viños.

6 Maio, 2020 - 13 Maio, 2020

Ribeira Sacra

Spain
+ Google Map