Exposición almanaque Ceos Galegos
Durante o mes de xaneiro, en horario de tarde, estará no Espazo Xove a exposición de fotos do calendario CEOS GALEGOS, coordinado polo científico e divulgador Dosi Veiga.
Segundo o seu autor, “este calendario é unha punta de lanza dun proxecto que pretende facer medrar a afección á astronomía no país”. Dosi Veiga adícase a facer tarefas de divulgación e quería buscar unha porta de entrada para a xente aficionaea á astronomía en Galicia, emrpegando imaxes dalgúns dos mellores astrofotógrafos que hai en Galicia. Así, xurdiu a idea do calendario e empezaron a prearar fermosas fotografías cun pequeno texto explicativo para achegalo ás casas ofrecéndolle á xente algo útil e informativo.