Cargando Eventos

Presentación catálogo da mostra de Manuel Jorge en Galicia

Protagonista: Asoc. Amigos de Manuel Jorge de Chantada

O catálogo da exposición MANUEL JORGE, Obra Pictórica 1958-2017 que hai un ano estivo no Museo Provicial de Lugo e no Auditorio de Chantada será presentado este venres, 11 de outubro, ás 18.00 h no Círculo Cultural Recreativo de Chantada.
A edición, financiada pola Deputación de Lugo, inclúe unha entrevista co autor e unha selección das súas obras máis importantes. Cumpre co obxectivo final da posta en valor do legado do pintor e arquitecto chantadino asentado en Xábia. O libro recolle ademais unha selección dos cadros que conformaron a mostra e o relato dunha aventura que comezou hai cinco anos, cando a chantadina Alba Sánchez descobre a súa figura e a súa destacada obra tempo antes de rematar como comisaria da súa exposición en Galicia. É o primeiro libro en galego que se publica sobre o autor, que xa conta con outros catálogos publicados na comunidade valenciana.

11 Outubro, 2019

6:00 p.m. - 7:00 p.m.

Chantada

Av. de Ourense, 7
Chantada, lugo 27500 Spain
+ Google Map