Cargando Eventos

Xornadas ‘Estase Cocendo’

Continúan as xornadas gastronómicas do cocido de entroido na Ribeira Sacra. A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo ten en marcha o Estase Cocendo coa participación dunha trintena de establecementos que serven menús a base de cocido, tapas e tamén bebidas especiais en noites de troula deica o 22 de marzo, pero é que ademais existen visitas guiadas, actividades para nenos e nenas, sorteos e outras accións que acompañan a este tempo de gastronomía de inverno por excelencia e visitas aos concellos da Ribeira Sacra. O compadre e imaxe desta campaña ao deportista do motor Eduardo Iglesias, veciño e empresario da comarca que participou este ano no Paris Dakar cumprindo así un vello soño. Os descontos en establecementos hoteleiros tamén forman parte dunhas xornadas xa consolidadas e imprescindibles na zona sur de Lugo.

A vindeira actividade será o Cocido das Meigas que inclúe Batucada e Aquelarre ás Meigas o sábado 14 de marzo ás 20.30h, o mesmo día que se celebra o Cocido das meigas e tamén terá lugar un taller para nenas e nenos de balde nas instalacións de Euforte Coaching, consistirá na elaboración de sombreiros e maquillaxe relacionado co mundo das meigas. Será de 8:00h hasta 19:30h e as prazas son limitadas, polo que poderán participar todas as persoas interesadas reservando praza nos teléfonos 982.412.050 / 634.583.394. O prazo de inscrición é deica o xoves 12 de marzo.

 

 

5 Marzo, 2020 - 4 Abril, 2020

Monforte de Lemos

Rúa Comercio, 6
Monforte de Lemos, Lugo 27400 Spain
+ Google Map