Cargando Eventos

Festival FanCine de Lemos

Protagonista: FanCine Lemos

do 21 ao 25 de xullo celébrase a sétima edición do Festival FanCine de Lemos. Este certame cinematográfico baseado fundamentalmente no terror e no fantástico  inclúe, ademáis de proxeccións diarias nos Multicines Hollywood e noutras localizacións, unha serie de accións paralelas, algunhas delas xa iniciadas ao longo do ano. Estes días tamén está aberta xa a mostra pictórica de Noemi Núñez.

O director deste festival, o produtor monfortino Iván Patiño, `presentou xa a programación nos pasados días nun acto cultural no Ateneo Casino e faráo de novo este mércores 21 nas multisalas da localidade do Cabe. Toda a programación desta festa- certame do cinema na Ribeira Sacra  está detallada na web: https://www.fancinedelemos.com/

O obxectivo deste evento é presentar un espazo para as/os amantes destes filmes e do cinema de xénero e tamén para dar cabida a cineastas galegos e  de toda España, e incluso para o talento máis local.

21 Xullo, 2021 - 25 Xullo, 2021

Monforte de Lemos

Avenida de Galicia
Monforte de Lemos, Lugo 27400 Spain
+ Google Map