Cargando Eventos

Presentación do libro colectivo ‘A.M.A En Esencia’

Protagonista: Concello de Monterroso

Tres mulleres que habitan no rural dan a coñecer unha obra literaria conxunta na que está presente a inspiración poética e artística do territorio, entre Melide e Taboada. Despois de varias localidades é a quenda de Monterroso.
A modista melidense María Luísa Pereiro, coñecida como “A Fiadeira Das Verbas”, é unha das autoras xunto ás taboadesas Ana Vila Portomeñe, coñecida como “A Poeta Labrega” quen se dedica profesionalmente á gandería, e Ana Isabel Rey Gay, coñecida como “Ana Da Torre”, que traballa como dependenta.
O libro titúlase “A.M.A. En Esencia” e tal e como foi descrito polas súas creadoreas “fala da nosa esencia, é dicir, dos nosos sentimentos, que pouco a pouco imos plasmando nun papel. Tén poesía, en galego e castelán e algunha historia con temáticas variadas. Tanto María Luísa Pereiro e Ana Vila Portomeñe xa teñen publicadas obras poéticas previas en solitario. Pero a idea actual, a do proxecto colectivo “xurdiu dunha conversa entre as tres, sobre a necesidade de amosar a beleza das iniciativas creativas que existen no contorno rural”.
A próxima presentación será o 24 de setembro no salón de actos do centro sociocultural de Monterroso ás 21.30 h.

24 Setembro, 2021

9:30 p.m. - 10:30 p.m.

Monterroso
Monterroso, Lugo 27560 Spain
+ Google Map