Cargando Eventos

Presentación do libro ‘Folión de Carros. Patrimonio Cultural de Chantada’

Protagonista: Asociación de Amigos do Folión

Este mércores, 18 de agosto, ás 20.00h haberá un novo acto para facer presente o Folión de Carros de Chantada. Ademais das exposicións en marcha na rúa e na casa da Cultura, hoxe presentarase o libro ‘Folión de Carros. Patrimonio Cultural de Chantada’ na Praza do Mercado. Trátase dunha publicación editada por Amigos do Folión que pretende poñer en valor esta manifestación cultural da veciñanza, que no último verán e no presente tivo que prescindir do desfile de carros e carrozas con historias do municipio, do pasado e contemporáneas, a causa da pandemia.

Sen embargo leváronse a cabo actividades paralelas que queren manter viva esta Festa de Interese Turístico Galego que integra as manifestacións do patrimonio inmaterial, ben interese cultural da paisaxe cultural da Ribeira Sacra.

18 Agosto, 2021

8:00 p.m. - 8:30 p.m.

Chantada

Praza do Mercado s/n
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map