Cargando Eventos

Presentación do Libro Pandereteiras de Mens e foliada

Protagonista: Concello A Pobra do Brollón

A antropóloga e etnomusicóloga Beatriz Busto Miramontes presentará na Pobra do Brollón o seu libro-CD Pandereteiras de Mens, publicado o pasado decembro por aCentral Folque. A presentación será este sábado 19 ás 20:30 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ e rematará con foliada.
O libro profunda na vida das cinco Pandereteiras de Mens, que dende a comarca de Bergantiños, cruzaron fronteiras e racharon estereotipos coa súa música. Elas son as primeiras mulleres que, sendo labregas, levaron o formato das pandereteiras aos escenarios públicos nos anos 70 e 80.
Dende o Concello de A Pobra salientan que ‘Esta presentación é unha homenaxe a todas as mulleres que abriron camiño e permitiron que a nosa música tradicional teña a impacto de hoxe, como estamos vendo co fenómeno Tanxugueiras,’ .
O libro contén fotografías a cor, unha excelsa compilación de músicas e transcrición de letras e músicas en partitura, para o que a autora contou coa colaboración do etnomusicólogo Sergio de la Ossa. A presentación rematará con actuación das pandereteiras de Samoeiro seguida de foliada. Dende a organización animouse aos asistentes a levar os seus instrumentos.

Hai que reservar sitio no teléfono 650 624 828, preferiblemente por WhatsApp.
Cumpriranse as medidas sanitarias precisas.

19 Febreiro, 2022

8:30 p.m. - 10:00 p.m.

Pobra do Brollón

Rúa Samoeiro s/n
A Pobra de Brollón, Lugo 27330 Spain
+ Google Map