Cargando Eventos

Presentación dos resultados das investigacións no Preguntoiro

Protagonista: Concello de Pantón

O martes, 30 de novembro, a equipa que traballou e impulsou o proxecto arqueolóxico do misterioso lugar do Preguntoiro exporá o resultado das súas investigacións nun acto que terá lugar en Ferreira.

As conclusións da campaña arqueolóxica dirixida por Sonia García e Xurxo Ayán trasladaranse á veciñanza e aos medios no Concello de Pantón, unha das entidades financiadoras deste proxecto coa consellaría de Cultura da Xunta.

Nesta iniciativa, que parte do coñecemento da comunidade e no testemuño dos sartegos antropomorfos na parroquia de Pombeiro, está condensada boa parte da historia do concepto Ribeira Sacra.  Esta campaña marca o inicio da luz de moitos segredos históricos e paisaxísticos nesta contorna do Sil e ten xerado moito interese por parte da cidadanía e dos científicos. Na presentación participarán varios axentes implicados nas tarefas arqueolóxicas do Preguntoiro . Será ás 18.00h. no salón de actos da casa da Cultura.

 

30 Novembro, 2021

6:00 p.m. - 7:00 p.m.

Pantón

Praza do Concello
Ferreira de Pantón, Lugo 27430
+ Google Map