Primeiro Concurso Completo de Hípica
Protagonista:
Club Hípico La Cruz
O 18 de maio a escola de hípica La Cruz de Taboada, emprazada na parroquia de Gondulfe, será a sede e anfitrioa do Primeiro Concurso Completo Territorial de Galicia. As modalidades que se inclúen son as de salto en pista, doma clásica e cross. A data límite para as inscricións é este 16 de maio. Tamén poden acudir aquelas persoas que desexen asistir como público.
Máis información e inscricións: @club_hípico_la_cruz
659 714 375 / 652075 809