Cargando Eventos

Proxección e coloquio ‘Dorothé na vila’

Protagonista: Ateneo Casino Lemos

O Ateneo Casino de Monforte comeza a súa programación presencial este venres 26 coa proxección do filme Dorothé na vila, nominado a mellor documental na presente edición dos Mestre Mateo.
Dorothé na vila trata as historias de vida detrás do Cancioneiro Popular Galego, un dos cancioneiros máis importantes e recoñecidos, froito do traballo de investigación e recollida da musicóloga suíza Dorothé Schubart.
Despois da proxección haberá un coloquio moderado por Iván Patiño no que participarán os directores da longa, Alejandro Gándara e Olaia Tubío. No evento tamén haberá unha pequena mostra musical a cargo dos Cantareiros
de Cántigas e Frores. A actividade dará comezo ás 19:00 h no Salón de Baile do Ateneo Casino. A entrada é gratuíta, previa reserva xa que as prazas son limitadas.
A programación continuará a semana próxima cunha exposición a cargo da Asociación de Palilleiras da Ribeira Sacra. En abril, mentres o permitan as circunstancias sanitarias, hai programado un concerto de Gonzalo Herrero e Lorena do Val, a obra teatral Costureiras, e máis actividades que  o Ateneo dará a coñecer moi pronto.

 

26 Marzo, 2021

7:00 p.m. - 8:30 p.m.

Monforte de Lemos

Avenida de Galicia
Monforte de Lemos, Lugo 27400 Spain
+ Google Map