Cargando Eventos

Proxección solidaria de ‘O que arde’

‘O que arde’ a premiada película de Oliver Laxe que levou ao cine en Galicia a máis público que ningún outro filme galego proxectarase na Casa da Cultura Olga Novo da Pobra do Brollón. A proxección terá un carácter solidario e a entrada terá o custe dun kilo de comida que se destinará aos colectivos desfavorecidos do municipio. Haberá dous pases, un ás 18:00 h. e outro ás 20:00 h. o domingo 29 de decembro.
Reserva de entradas no 650 624 828 (mellor por Whatsapp) ou nas oficinas do concello.

29 Decembro, 2019

6:00 p.m.

Pobra do Brollón

Rúa Samoeiro s/n
A Pobra de Brollón, Lugo 27330 Spain
+ Google Map