Cargando Eventos

Reactívase o certame de proxectos empresariais Semente

Protagonista: Asociación Semente Monforte

O VI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra ven de reactivarse despois da paralización dos prazos administrativos por mor da pandemia do Covid-19.

A Asociación Semente Monforte reanuda o concurso. Os 10 proxectos finalistas teñen agora de prazo ata o vindeiro día 30 de xuño, para presentar o seu proxecto finalizado mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.

A xornada final de presentación podería celebrarse de xeito telemático, e este ano o concurso aumenta a dotación dos seus premios: 1º Premio – 10.000€ / 2º Premio – 7.000€ / 3º Premio – 3.000€ 


Nova quenda para despois do verán

Coa actual situación derivada da crise do coronavirus, a Asociación Semente Monforte quere aproveitar o carácter innovador que fomenta este certame para incentivar proxectos que poidan contribuír a paliar os efectos da pandemia. POr isto traballan nun certame extraordinario de proxectos empresariais de base tecnolóxica relacionados coa pandemia por COVID-19 (aplicacións sobre contactos, contaxios, distancias, sistemas de control de contactos, alternativas de limpeza e desinfección ante o virus,…). A Asociación conta con financiación e realizará a convocatoria deste novo certame para despois do verán.