Cargando Eventos

Restaurante efémero do Entroido

 A Mázcara é o primeiro restaurante efémero de Entroido de Galicia. Estará en Manzaneda, no Pazo da pena, por segundo ano consecutivo a vindeira fin de semana. Os días 21, 22 e 23 de febreiro.
Trátase, tal e como o definiron os seus promotores nunha experiencia gastronómica contemporánea e de calidade, baseada no produto local e de tempada e que será posible grazas ao equipo do Restaurante Merenzao de Sober, capitaneado polo cociñeiro Carlos Javier González Sánchez.
A Mázcara disporá de catro servizos que terán lugar durante a fin de semana do Entroido, e as reservas xa se atopan abertas:
· Venres 21  A Cea
· Sábado 22  O Xantar
· Sábado 22  A Cea
· Domingo 23  O Xantar
A comarca da Terra de Trives complementa dende a gastronomía a súa oferta turística e de lecer dentro da área da Ribeira Sacra e a súa contorna.
Reservas: Teléfono +34 674 225 854 .

21 Febreiro, 2020 - 23 Febreiro, 2020

Ribeira Sacra

Praza Porta da Vila, 1
Manzaneda, Ourense Spain
+ Google Map