Cargando Eventos

Romaría de Cadeiras

Os días 7, 8 e 9 de setembro o santuario de cadeiras, en Sober celebra as súas misas e xantares populares de gran tradición en honra á Virxe dos Remedios. O día 7 realizarase a subida da Virxe e xa haberá verbena pola noite. Os dous días seguintes misas e bailes do mediodía sen faltar a cita nocturna coa festa. O santuario de Cadeiras está nun enclave único con miradoiros de excepción que completan a xornada romeira para moitos dos veciños e visitantes que gozan da plena Ribeira Sacra.

7 Setembro, 2019 - 9 Setembro, 2019

Sober

Santuario de Nosa Señora dos Remedios
Castro Caldelas, Ourense 32760 Spain
+ Google Map