Cargando Eventos

Romaría de San Lourenzo

A parroquia de Cereixa no concello do Brollón celebra o día dez de agosto a IV Romaría de San Lourenzo. Unha festa diferente na que hai boradoiros e visitas guiadas ao castro que están a escavar coa colaboración de mozos e mozas de diversas partes de Europa. Pero por riba de todo é unha festa na que a gastronomía e a música non poden faltar. Samparasón, Show Bass, e Os Costaleiros do día anterior son encargados da música e ademáis ás dez da noite hai unha foliada. Na Pobra do Brollón a cultura e a festa van da man.

10 Agosto, 2019

11:00 a.m.

Pobra do Brollón

Pobra do Brollón, Lugo 27330
+ Google Map