Cargando Eventos

Romaría do San Mateo

A romaría do San Mateo celébrase o 21 de setembro na parroquia monfortina da Parte, no lugar de Camporrío. Contén todos os ingredientes dunha xuntanza popular galega, na que familias, veciños e amigos se reúnen arredor dun xantar campestre a un e ao outro lado do río, onde conflúen Mao e Cabe. Precisamente este contorno natural e un dos mellores valores desta cita á que moitos acoden a pé dende Monforte de Lemos. Non falta a música e as verbenas, o polbo e as empanadas, pero a meirande parte dos romeiros preparan o seu propio menú. Este evento ten a súa orixe e mantén hoxe en día o carácter relixioso na honra ao santo que lle dá nome. O San Mateo, segundo as crenzas, é milagreiro nas doenzas dos oídos e a imaxe venerada na Capela de Santa María da Parte é tamén protagonista das misas que se ofician pola mañá. Trátase dunha multitudinaria reunión que simboliza o peche do verán e da súa intensa actividade festiva.

Foto: Ana Somoza

21 Setembro, 2019

Monforte de Lemos

A Parte, Monforte
Monforte, 27410
+ Google Map