Cargando Eventos

Roteiro do Lobo e Romaría do Faro

O 8 de setembro celébrase unha das romarías con maior tradición na comarca de Chantada e do Deza. A da Virxe do Faro. Dende as oito da mañá terán lugar as misas e arredor da unha da tarde terá lugar a misa solemne e a procesión. Pero moito antes comezará a segunda edición da Ruta do Lobo, a andaina que realizarán dende a vila do Asma deica a capela do Faro moitas veciñas e veciños cumprindo cunha vella tradición. A quedada é ás 5.00h na praza de Santa Ana para todos aqueles e aquelas que desexen completar a ruta de ascenso ao Faro en compaña. Cómpre levar a roupa axeitada, auga, algunha iluminación ou roupa reflectante e algo de comer para repoñer forzas no caso de que fora necesario.
Dende a mañá baixarán algúns autobuses para regresar de cara á vila. A hora do xantar será aproveitada por moitos para compartir na serra con veciñanza e familiares coa tradicional comida campestre.

 

8 Setembro, 2019

5:00 a.m. - 10:00 p.m.

Chantada

Caíbe, Requeixo
Chantada, Lugo 27512 Spain
+ Google Map