Cargando Eventos

Ruta de outono a carón do Miño

Protagonista: Galicia Senderismo

As rutas de outono polas ribeiras deixan imaxes impactantes polas cores espectaculares das follas das vides que van mudando ata que que caen. O sábado 26 de outubro podes facer unha desas rutas, neste caso pola ribeira do Miño dende Santo Estevo de Ribas de Miño ata a Praia da Cova. Un percorrido de 17 km que comeza entre carballos e castiñeiros e remata entre viñedos a carón do meandro do Cabo do Mundo e na area da praia.

O prezo da ruta é de 14 euros. Información no 609531105 e en rutasdegaliciasenderismo@gmail.com

26 Outubro, 2019

10:00 a.m.

O Saviñao

O saviñao, Lugo 27548
+ Google Map