Cargando Eventos

Ruta do Chantapas

Protagonista: Asociación de Empresarios de Chantada e CCA

Este venres, 8 de novembro, volve a cita cas tapas diferentes nos bares de Chantada. O concurso Chantapas, organizado dende a Asociación de Empresarios e Comerciantes CCA Ribeira Sacra celebrarase nos días 8, 9 e 10 deste mes e 15,16 e 17. Este ano participan unha ducia de locais de hostalería que ofrecerán a súa tapa para ocasión os días sinalados dende as 20.30h. Ademais das propostas culinarias participan no certame os propios clientes e clientas, e os/as que consuman o total das tapas poderán participar no sorteo dun vale de 100 euros para gastar nos establecementos adheridos á Asociación e os que consuman 7 tapas, un vale de 50 euros.

A continuación o listado de establecementos que compoñen a ruta desta edición:

1. A faragulla: Fabada de xudiones con panceta e morcilla
2. A Viñoteca Chantada: Outono máxico
3. Os Larpeiros Asadeiro: Ovos do avó
4. Cafe-Bar Parada: Chipis recheos
5. Café Bar Manix: Puré de lentellas con nube de setas
6. Café Cantón: Sabores de outono
7. Cafetería Santa Ana: Rotos de codorniz con panceta ibérica
8. Larpeiriña: Creciente do bosque
9. Mesón Lucus . Rúa Dous de Maio nº 7 , baixo .: Imaxine
10. O Agocho, Pizzería O Agocho: Marisco da terrra
11. O casino Crc Chantada: Cachucha na veira do mar
12. Tropik Chantada: Costilla asada con mostaza, mel e verduras da tempada.

8 Novembro, 2019 - 17 Novembro, 2019

8:00 a.m. a 5:00 p.m.

Chantada

Chantada
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map